Rock celta

Rock celta
Orixe musicalMúsica rock, folk rock, folk electrónico, música celta
Orixe culturalAnos 1970: nacións celtas
Instrumentos típicosGuitarra, baixo, arpa, mandolina, banjo, tin whistle, batería, teclado, gaita, fiddle, acordeón
Xéneros de fusión
Punk celta, Metal celta

O rock celta é un xénero do folk rock e unha forma de fusión que incorpora elementos da música celta, como instrumentación e melodías, no contexto da música rock. Foi un xénero prolífico dende os anos 1970 e foi a peza chave do desenvolvemento de exitosas bandas celtas e de intérpretes de música popular, así como na creación de importantes derivados a través de fusións posteriores. Tivo un papel importante no mantemento e definición das identidades nacionais célticas e da promoción do celtismo. Tamén serviu para comunicar esas culturas a audiencias externas.[1]

  1. J. S. Sawyers, Celtic Music: A Complete Guide (Da Capo Press, 2001), pp. 1-12.

Developed by StudentB